tag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post4638408180747938596..comments2023-10-15T12:39:37.689+02:00Comments on Un paseo,una foto: Caneiro do Piago. Outeiro de Rei (Lugo)Un paseo,una fotohttp://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-16325403747670013612014-03-18T08:02:20.718+01:002014-03-18T08:02:20.718+01:00Grazas pola túa aportación, Antonio. Coma sempre, ...Grazas pola túa aportación, Antonio. Coma sempre, un fermoso poema.
Un saúdo.Un paseo,una fotohttps://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-9237134582314189012014-03-17T16:24:45.431+01:002014-03-17T16:24:45.431+01:00A miña aportación ao programa da RG, Pensando en t...A miña aportación ao programa da RG, Pensando en ti, con Marcial Mouzo, co que colaboro nas madrugadas dos xoves.

XUNTANZA EN LUGO

Hoxe, a festa toca en Lugo,
e, maña, sabe Deus onde;
así, vou leva-lo xugo
por onde lle corresponde.

Vai axeitado ca cidade
por Paulo Fábio fundada,
cun chisquiño de saudade
da mámoa celta alí afincada.

Érguese nun cotarelo,
tan puro coma o armiño,
e guarecido cun velo
das brétemas no corpiño.

Expido vai polo mundo
presumindo de muralla,
por ser patrimonio oriúndo
da terra meiga que á entalla.

Romana, en deuses, figura,
que bañan seus pes no Miño,
aquelados na procura
do ouro polo seu camiño.

Lucus Augustus e lanzas,
termas, denarios e bravos,
castros, honor e matanzas,
dereitos, milicia… escravos.

Foron os tempos mudando,
e, aí, temos a San Froilán,
nas casetas festexando
cas campás e o seu troularán.

Deus Pai, con Cristo, inflama
a fe na Forma sagrada,
que santa María proclama
na catedral, venerada.

Nas entrañas da Cidade,
colleita da súa leira,
produtos de calidade,
castañas e polbo á feira.

E, na Exágono hoxe canta
Lys Pardo, con nome de flor,
que, a “anduriña“ en voo adianta,
cos seus bicos pa un pai cantor.

E, pola veiga das leiras,
hei marcar aquela estrela,
que alustrará coas vieiras
a senda de Compostela.

Seguindo o Miño, hei volver
a Lugo dende Fisterra,
coa saudade dun querer
que eu gardei pola súa terra.

Antonio Puertas

Tódolos dereitos reservados.

Antonio Puertashttp://unpaseounafoto.blogspot.com.es/noreply@blogger.com