tag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post694453653038885163..comments2023-10-15T12:39:37.689+02:00Comments on Un paseo,una foto: Puente de Beldoña. Abegondo (A Coruña)Un paseo,una fotohttp://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comBlogger8125tag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-30738271363217956822012-09-03T21:46:46.576+02:002012-09-03T21:46:46.576+02:00Antonio,moitas grazas por clarificarnos o teu agar...Antonio,moitas grazas por clarificarnos o teu agarimo por esa estupenda terra. ¡Un saúdo!Un paseo,una fotohttps://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-70383538907675000112012-09-03T12:48:17.998+02:002012-09-03T12:48:17.998+02:00Clarifico o meu agarimo:
BELDOÑA
¿ Que vos vou di...Clarifico o meu agarimo:
BELDOÑA
¿ Que vos vou dicir eu de Beldoña … se Beldoña, non é tan so o meu nick, senón que é unha caixa de sorpresas gardadas nun fermoso val, circundado e custodiado por unha frondosa vexetación que fai daquela terra ó paraíso das Mariñas ?
A etimoloxía do seu nome, polo menos pa min, debe ter a súa orixe no latín: BEL (fermosa) DONA (dama) e, se non fora así, debería selo, pois é á máis guapa aldea da comarca .
A miña dona, TITA, naceu alí e, contaxiouse da fermosura daquel lugar, afincado no municipio de Abegondo. Sorte que tiven, pois, dese xeito, puiden mellorala miña descendencia, dándome a cambio catro fermosos fillos, cuspidiños a súa nai. Ó único “defecto” que ten, e que é un pouco berrona, coma tódalas mulleres ( con perdón). Dende que ás botaron do Paraíso, e tiveron que patexar ás rúas pa mirar escaparates, sen mercar, non dan abasto a mallarnos a “zapatazos”, coa lingua…( vanme a matar) .Por contra, cala de contado, e imprime, pa iso, máis saleiro na aspiradora, rematando axiña. Cando desenchufa ó aparello, xa non recorda ás causas das súas cantareiras ó sol.
…Prosigo...Esa aldeíña, situada a oito quilómetros de Betanzos en dirección Mesón do Vento-Ordes-Santiago,…está a catro toques de balón dos campos do Deportivo, e ten moi poucas casas; mais, todas elas, cusquiñas e espalladas por un lugar rodeado de piñeiros, carballos, bidueiros, e, moitos, moitos árbores froiteiros: pereiras, maceiras, figueiras e, sobre todo, cerdeiras… Terras de labranza onde ó millo, o trigo, ás patacas, os tomates, as leitugas, e, outro longo etcétera, fan, dese recuncho, unha despensa agrícola sobranceira dos mais exquisitos manxares daquel chan… e ,de paso, do meu conxelador.
Outro novo inciso. Vouvos a contar unha anécdota que lle aconteceu a miña nai, recen chegados a Abegondo, á onde, o meu pai, fora destinado como secretario xudicial. Resulta que, certo día, mandou a un rapaz pa que lle levara un recado, e, de recompensa, doulle unha fermosa mazán. O mensaxeiro, votoulle unha ollada, colleuna , e zapateouna, por contrariedade, contra a parede da nosa casa.
Neses intres, a miña proxenitora, non comprendera ben aquel desprezo; mais, co tempo, puido coñecer que, agasallar cunha mazán a un neno en Abegondo, era coma pagarlle o recado cunha sardiña á un camariñán. As cousas valen dependendo a fartura ou escaseza do produto; e, segundo o lugar onde estes á vivir.
Si, amigos, estas terras son outro mundo, na súa forma de ser e de pensar.
Está cruzada, esta segunda patria, polo rio Barcés, que desauga no pantano de Cecebre; augas das que bebemos tódolos coruñeses.
Nel pesquei á miña primeira troita, poñéndome de espantallo de cara o río, e agardando á que me picasen.
Eu, que estaba afeito a cargar o cesto nas augas da nosa ria, non comprendía, como era posible pasar o día enteiro, e, tan so, levar ó lombo un cesto de vimbia cheo de aire, e cunha descoidada “arco iris” de merda. Pois, tamén nisto, era diferente aquel lugar. No rio ou no mar, tes que axeitarte a outras artes, ou maneiras de ser e de obrar, que, tamén, tiven que aprender, se quería matar o meu enraizado antollo.
Co tempo, funo vencendo, pouco á pouco, a base d´engordar a miña ilusión, coa fantasía que nunca me faltou. E, situándome no medio d´Area da Vila, cun cachiño de boroa, pingado por min a graxa dunha sardiña, ala polo mes do San Xoán, mentres, os meus pes, estaban a escaravellar de gozo pola súa area… ata que, os estoupidos dos foguetes das festas de Crendes, botaban por terra das Mariñas á miña va ilusión.
Por todo ó que vos estou a contar, non podería ser d´outro xeito o nome da miña lanchiña nin o do meu nick, se non quería ser vítima d´outros berros máis atronadores, por parte de quen eu me sen, coas consecuencias incalculables, que, a miña falta de sentido, me puideran carrear.
Pa rematar, se algún día pasades pola súa estrada, a altura do Cruceiro de Beldoña, parade e enchede o coche, ben aturado, de froita, que, as xentes do lugar, hánvolo agradecer… ( sen que vos vexan)
Antonio Puertas

Antonio Puertashttp://unpaseounafoto.blogspot.com.esnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-85250600971013527972012-09-02T17:07:24.860+02:002012-09-02T17:07:24.860+02:00Antonio, moitas grazas por compartir o teu poema. ...Antonio, moitas grazas por compartir o teu poema. Gustounos moito e amosa un gran agarimo por esas terras. ¡¡Un saúdo!!Un paseo,una fotohttps://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-16602413962797753342012-09-02T13:21:59.701+02:002012-09-02T13:21:59.701+02:00BELDOÑA
Aldeíña de prados e de leiras,
meiguiña a...BELDOÑA

Aldeíña de prados e de leiras,
meiguiña altiva de tan longo mirar;
campiñas ateigadas de cerdeiras,
xeitosas nenas de atraente achegar.

Acorada polas fragas de ameneiros,
a vella mais guapa, Ponte medieval,
e canos gurgullantes betanceiros
que bican dende o chan ó Souto do Val.

O Mero, de regueiros preguiceiros,
remoe nas coplas que antano escoitou,
i escorrega, sen muíños argalleiros,
por sombrizos que axexando escarochou.

Hospedeiro, seu patrucio Antonciño,
que, polo mediodía amañou o seu xantar,
i enxaugou os santos pes polo Curriño,
nas poceiras que anegan aquel lugar.

Patacas, repolos, fabas e enciños,
arados, corredoiras e palleiros,
mociñas, espantallos e veciños,
prados e ríos, carballos e piñeiros.

Alí folga na capela milagreira
sosegado ca fartura do xantar,
i, en xuño, co rezo da casadeira,
racha o cesto dos milagres pa casar.

Antonio Puertas
Tódolos dereitos reservados

Antonio Puertas Lemahttp://unpaseounafoto.blogspot.com.esnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-64873955722944014442012-08-31T18:20:54.763+02:002012-08-31T18:20:54.763+02:00Aunque está en buenas condiciones, tiene algunos d...Aunque está en buenas condiciones, tiene algunos desperfectos que urge reparar, pero ahí lo tienes, aguantando carros y carretas (y Rois trotadores) durante siglos. ¡¡Un abrazo grandote Toni!! See you no camiño!Un paseo,una fotohttps://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-90621603937721836822012-08-31T18:16:49.109+02:002012-08-31T18:16:49.109+02:00Gracias, Raquel,es un sitio con mucho encanto. Y a...Gracias, Raquel,es un sitio con mucho encanto. Y ahora que hablas del precioso Allariz, a ver si encontramos el momento de ir por allí, que hace ya bastante de nuestra última visita y siempre es una delicia para los ojos verlo. ¡¡Un abrazo!!Un paseo,una fotohttps://www.blogger.com/profile/03286155339653462551noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-42030140640836889842012-08-31T17:14:39.228+02:002012-08-31T17:14:39.228+02:00 Hola, todavía quedan bastanes puentes como este, ... Hola, todavía quedan bastanes puentes como este, pero pocos veo como lo que me parece que es un empedrado antiguo en el piso. Fantásticas fotos.
No le tireis el palo tan lejos a Roi jejejeje.
Un abrazo, nos vemos en e lcamino Toni Ibañezhttps://www.blogger.com/profile/13419262688310134957noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5570035380483255655.post-41412151614409309852012-08-31T11:58:45.225+02:002012-08-31T11:58:45.225+02:00Precioso rincón muy bien captado en vuestras imáge...Precioso rincón muy bien captado en vuestras imágenes. El color del agua y el paisaje me han traído recuerdos del puente romano de Allariz.
Saludos.
Raquelhttps://www.blogger.com/profile/06677907971722022614noreply@blogger.com