jueves, 29 de noviembre de 2012

Monasterio de Lourenzá (Lugo)


El monasterio de San Salvador de Lourenzá data del siglo X y fue fundado por Osorio Gutiérrez, llamado el Conde Santo, cuyo sarcófago está en una de las capillas de la iglesia de Santa María, dependencia del monasterio.
Es sin duda el monumento más importante del concello y un magnífico ejemplo del barroco gallego.
Declarado monumento histórico-artístico en 1974, se sabe que en el siglo XII pasó a la orden benedictina. Como sucediera con tantos otros monasterios, con la desamortización de Mendizábal el lugar es abandonado y su biblioteca desmantelada. Uno de sus claustros sufrió un incendio y no fue hasta el año 1910 cuando una comunidad de monjes volvió a ocupar el templo y lo restauró.
Destaca la fachada de la iglesia de Santa María, acabada por Casas Novoa como ensayo de la fachada del Obradoiro en Santiago.
Lo que antiguamente fue la cámara abacial hoy es el ayuntamiento. También podemos visitar un importante Museo de Arte Sacro.
Así que si pasáis por esta zona, San Salvador de Lourenzá bien merece un pequeño alto en el camino.






2 comentarios:

  1. ¿ CANTOS DEUSES HAI…?

    A miña nai e mais eu, tivemos de erguernos ás cinco da maña pa embarcar no Finisterre de cara a Mondoñedo. Alí nos estaba a agardar Don Antonio Torrado, o cura que me bautizara e que, durante tantos anos, tiña sido ó párroco do noso pobo. Fora nomeado canónico, e exercía o seu novo cargo na fermosa catedral románica, capital do antigo Reino de Galicia e, dioceses a cal pertencía Camariñas, a pesar da incongruencia que supoñían os mais de douscentos quilómetros que nos estaban a separar.

    Acolleunos na súa fermosa casa de pedra con agarimo, durante os días que durou a nosa instancia en Mondoñedo.
    O primeiro que me chamou poderosamente a atención, foron aqueles moletes de pan esponxosos e brancos que, cando os mollabas, en miúdas rabuñadas, absorbían nun santiamén toda a cunca repleta de leite, que a criada do cura nos estaba a servir de almorzo.

    Dicíame Don Antonio: ti non te poñas nervioso, que a proba de ingreso é moi simple, e xa verás como vas a aprobar. Con todo, acordeime d´aquelo que tiña dito un estudante ó ler na tumba de Napoleón o epitafio que dicía: “aquí yacen los restos de aquel que nunca tembló “…e, engadiu o mozo…” porque nunca se examinó…
    E, en efecto, ó chegar aquel día tan temido, as miñas pernas abaneaban coma se foran espadanas do río do Prado nun día de forte vendaval.

    Un dos tres compoñentes do tribunal que me estaba a examinar, preguntoume: ¿de onde es ?…son de Camariñas, señor… fermosa terra ¡ vive Deus !…A propósito ¿en Camariñas hai Deus ?. Eu, neses intres, veume ó recordo ( cousas do sentido ) non só o Deus Todopoderoso, noso Señor, si non que lembreime, tamén, do “ Dios de Xaviña “, e respondín “ SI,… mais, non vive no noso pobo…¿ Como ? exclamou, deseguido, aquel velliño de sotana negra calada ata a mesma cota do pescozo. ..¡ que Deus non vive en Camariñas !…Non señor, vive en Xaviña…- Entón, ¿ en Camariñas non hai Deus ? …Si señor, o que está no ceo, si. ..-Mais, entón, ( proseguiu ) ¿ cantos deuses hai ? …un en Xaviña e outro en Camariñas, respondín, todo cheo de razón…

    Semellante barullo tiña armado que, dificilmente, aqueles curas da vella garda da Santa Igrexa Católica de Roma, podían comprender a miña solemne barbaridade. Unha pregunta tan sinxela, que calquera meniño de curta idade sabería responder naqueles tempos i, eu, que viña enchufado por un Canónico tan influínte na curia de Mondoñedo, estábaos a meter, coa miña barbaridade, en semellante lamorqueira.
    …- Váiase vostede e volva en Setembro, se quer ingresar no Seminario…Así, dese xeito tan contundente, votoume aquel tribunal, sen mais preguntas, nin mais opcións a que eu puidera explicar mellor aquel embrollo no que eu mesmo, con toda a miña razón, me tiña metido.

    O seguinte día, asombrado por aquel suspenso tan categórico e merecido, o meu padriño e protector, intercedeu ó meu favor, explicando aos seus amigos do tribunal, de que eu levaba parte razón, pois nunha aldea preto o noso pobo, existía ó apelido “ Dios “… e, grazas a iso, déronme unha segunda oportunidade…

    -ja ja ja…, proseguiron xa de chacota ó cabo de dous días, con un xocoso interrogatorio… Logo, en Camariñas temos dous “ dioses “ (?)…Entón…¿ cantas persoas teñen eses “ dioses “?… eu, como estaba xa mais que instruído e tranquilo, respondín:- un deles, no no sei; mais, o outro, ten tres persoas…-¿ Distintas ?…Si, distintas.- E, “dioses “ ¿ cantos ?…“ Dioses “ UN, respondín,. ..Vale, vale, está vostede APROBADO.

    Mais, o meu destino, non estaría precisamente en Mondoñedo, pois, ese mesmo ano, o noso pobo, pasou a depender de Santiago; e, ala nos fomos unha morea de rapaces da nosa comarca de Nemancos a inaugurar o novo edificio de Belvís, tutelado por aquel coloso cardeal que fora Don Fernando Quiroga Palacios.

    Antonio Puertas



    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas por compartir esta lembranza tan interesante, Antonio. ¡Unha aperta!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...